loader image

Comunicación artesanal
para unha era
dixital

(a) masa s.f. (do lat. massa)
1. Conxunto ou ocurrencia dalgunhas cousas
2. Conxunto das partes que forman un todo
3.Axencia de comunicación dixital conectada cos principios do traballo artesanal

Logotipo de A Masa Comunicación Artesanal

Quen somos

Somos a primeira axencia de comunicación artesanal en Santiago de Compostela

A Masa recolle os ingredientes propios da comunicación dixital e transforma esa materia prima nun produto singular: a proxección online da túa marca.

Acollemos con entusiasmo o teu proxecto e xeramos unha relación cómplice e sincera entre axencia, anunciante e cliente final.

Traballamos coa sensibilidade propia da artesanía. A nosa experiencia permítenos desenvolver métodos propios que aplicamos aos traballos de comunicación de A Masa.
Para nós, a comunicación é un compendio de traballo complexo e conexión humana.

o que
amasamos

consultoría

Traducimos os likes, hashtags e followers para aportarche claridade. Acompañámoste no proceso de transformación dixital da túa marca.

Escoitamos as túas ideas e ofrecemos novas perspectivas para crear unha comunidade dixital que confíe no que fas.

estratexia

Analizamos e definimos a túa personalidade online. Preparamos a imaxe, os discursos e os contidos cos que falará a túa marca.

Monitorizamos e estudamos os resultados, simplificándoos para que se comprenda o alcance dos mesmos.

web

Escoitámoste e estudamos o teu proxecto para crear a páxina web responsive que necesitas. Encargámonos da xestión de contratación de servidores de dominio e hosting. Redactamos, preparamos e xestionamos o contido adaptado a SEO.

para quen amasamos

Marcas

Se non te escoitan entre tanto ruído dixital, nós axudámosche. Non a falar máis forte, senón a falar mellor. Creamos contido de valor para amplificar a historia da túa marca.

Axencias

Equipo con equipo. Aquí tendes un apoio para os momentos duros. Cando subir a costa tira de máis, contade coa nosa colaboración en marketing dixital.

A comunicación non ten sentido sen un factor humano: a sinceridade contigo durante o proceso é factor clave na nosa metodoloxía.

Tes os ingredientes,
nós a receita

Comezamos?